Secretaría Uvigo - Estudo da imaxe corporativa e a súa repercusión nas redes sociais: Caso de Clinicas Dr.Carla Barber en Instagram

Estudo da imaxe corporativa e a súa repercusión nas redes sociais: Caso de Clinicas Dr.Carla Barber en Instagram

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Publicidade e Relacións Públicas
CentroFacultade de Comunicación
Dirección Titoría: Luís Xabier Martínez Rolán
Tribunal Vogalía: Ana María Fernández Soneira
Presidencia: Daniel Francisco Martí Pellón
Secretaría: Emma Torres Romay
ResumoPalabras chave: imaxe corporativa, redes sociais, contorno dixital, Instagram, clínicas Dr. Carla Barber


A imaxe corporativa é un aspecto clave para as empresas ou organizacións, xa que determina e é capaz de modificar a percepción que os consumidores teñen sobre elas.

Este proxecto de investigación ofrece unha visión xeral dos diferentes aspectos que o concepto de imaxe corporativa. E, por outra banda, mostra como as redes sociais levaron á aparición dun novo escenario de acción entre usuarios e organizacións, facendo que as mesas teñan que adaptarse a elas, abordando posteriormente polo miúdo o caso concreto da rede social de Instagram.

Por outra banda, o estudo examina un caso práctico real, analizando a actividade da clínica doutora Carla Barber no seu perfil de Instagram en dous períodos diferentes durante os anos 2017 e 2020, observando como o uso de diferentes ferramentas, desencadea unha serie de respostas dos usuarios e como isto afecta á súa imaxe corporativa. Deste xeito, busca verificar a importancia da imaxe corporativa para as organizacións no contexto actual das redes sociais, así como amosar o potencial do uso da plataforma Instagram como ferramenta empresarial.
Volver