Secretaría Uvigo - A influencia da Covid-19 na comunicación publicitaria en España

A influencia da Covid-19 na comunicación publicitaria en España

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Publicidade e Relacións Públicas
CentroFacultade de Comunicación
Dirección Titoría: Carmen López De Aguileta Clemente
Tribunal Presidencia: Aurora García González
Vogalía: Pedro Figueroa Dorrego
Secretaría: Jose Ruas Araújo
ResumoMa actualidade, atopámonos ante un novo escenario que abrangue todos os aspectos imaxinables dunha sociedade. A Covid19 comezou coma un virus, unha enfermidade considerada "gripal" no continente asiático. Agora estamos a sufrir unha pandemia global que xa non só afecta á saúde de todos, senón tamén ao noso entorno social, ás actividades económicas, ao curso das políticas e á xestión do goberno e, en definitiva, ao normal desenvolvemento da vida en sociedade.

Para a comunicación e a publicidade, esta situación tamén implica un cambio substancial nas súas actividades e no seu "modus operandi", xa que se reducen e limítan ás novas condicións sociais. Este novo paradigma está a cambiar a forma en que nos comunicamos, convivimos e desenvolvemos o noso día a día, presentando moitas incógnitas para o desenvolvemento da comunicación publicitaria no futuro.
Volver