Secretaría Uvigo - Creación dun porfolio para fotografía nupcial e plan de negocio para Toby Jr

Creación dun porfolio para fotografía nupcial e plan de negocio para Toby Jr

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Publicidade e Relacións Públicas
CentroFacultade de Comunicación
Dirección Titoría: Andrés Fraga Pérez
Cotitoría: Ana Isabel Dopico Parada
Tribunal Presidencia: Aurora García González
Vogalía: Pedro Figueroa Dorrego
Secretaría: Jose Ruas Araújo
ResumoToby Jr é unha empresa de fotografía especializada na cobertura de vodas cun plantexamento de negocio novidoso, ao estar baseada nunha Cooperativa de Asociados no lugar do clásico sistema de autónomos. Así mesmo, a empresa conta cun proceso de captación da clientela enfocado no método inbound ou funil de conversión. Este traballo trata da creación dun porfolio fotográfico para Toby Jr formulado a través de fermentas de marketing.

O desenvolvemento do porfolio realízase en consonancia cun estudo da marca con base nun DAFO e un lienzo CANVAS, ferramentas que permitem obter información sobre detalles concretos do negocio e a súa contorna.

Na creación do porfolio emprégase unha técnica de investigación de carácter cualitativo en forma de enquisa, realizada co obxectivo de obter información sobre o valor estético das fotografías que compoñen o porfolio e coñecer así mesmo a intención de compra do público obxectivo de Toby Jr.

Toda a información resultante da aplicación das ferramentas de marketing mencionadas emprégase para elaborar un porfolio tanto físico como dixital, en consonancia co proceso de captación de clientes da empresa e que ademais reflicte o estilo fotográfico que esta proporciona aos seus clientes.
Volver