Secretaría Uvigo - Revisión do procedemento de punción arterial para a determinación dunha gasometría no ámbito sanitario.

Revisión do procedemento de punción arterial para a determinación dunha gasometría no ámbito sanitario.

Data de defensa18/11/2020
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Dirección Titoría: María Teresa Hermo Gonzalo
Tribunal Titoría: María Teresa Hermo Gonzalo
ResumoA Nursing Interventions Classification define a flebotomía arterial como ?Obtención dunha mostra de sangue dunha arteria sen canalizar para avaliar os niveis de osíxeno e dióxido de carbono e o equilibrio ácido-base ". O principal obxectivo de esta revisión bibliográfica é analizar os procedementos de punción arterial empregados no ámbito sanitario.
Metodoloxía: realizouse una exhaustiva busca bibliográfica empregando diferentes bases de datos (Google Académico, Scielo, Pubmed, Dialnet, Cuiden Plus, Science Direct e Biblioteca Virtual) e fontes electrónicas como o Sergas, a RAE, e o CDC. As publicacións deberán estar escritas en español e inglés datadas nos últimos dez anos agás casos especiais e textos completos disponibles.
Resultados: seleccionáronse un total de 17 artigos, entre eles, artigos de revistas, teses de doutoramento, manuais e protocolos hospitalarios. Un dos estudos é una revisión bibliográfica e outro, un estudo de casos case-experimental.
Conclusión: as complicacións máis frecuentes son o hematoma, o sangrado, o síncope, a trombose arterial, o espasmo da arteria pinchada e a reacción alérxica polo uso de anestesia local; as menos frecuentes serían a infección na zona da punción e as alerxias que se poden desencadear. Nas publicacións atopadas, en termos xerais, non se especifica o antiséptico nin o tipo de luvas a empregar. Hai unanimidade en canto ao ángulo de inserción da agulla. O tempo de compresión será maior no caso de pacientes con tratamento anticoagulante ou con problemas de coagulación.
Palabras clave: punción arterial, gasometría arterial, infección, desinfección, antiséptico, técnica, procedemento e enfermaría.
Volver