Secretaría Uvigo - Promoción de música pop en redes sociais: análise de Map of the soul: 7 de BTS en Twitter

Promoción de música pop en redes sociais: análise de Map of the soul: 7 de BTS en Twitter

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Comunicación Audiovisual
CentroFacultade de Comunicación
Dirección Titoría: Silvia García Mirón
Tribunal Presidencia: Benigno Fernández Salgado
Vogalía: Jorge Lens Leiva
Secretaría: Beatriz Legerén Lago
ResumoNun contexto globalizado como no que vivimos, o reinado da industria da música angloparlante vese ameazado por músicas procedentes de múltiples lugares do mundo. Gracias ás redes sociais, moitos artistas poden volverse virais sen necesidade da axuda de medios tradicionais como a radio e chegar a un público impensable ata fai pouco. Este é o caso do grupo de kpop BTS, que xunto ó crecente éxito do xénero, logrou non só posicionarse entre as personalidades más influentes en internet, senón contar co álbum máis vendido do ano 2020 a nivel mundial. Neste artigo analizaranse cuantitativa e cualitativamente as publicacións realizadas para a promoción de dito álbum, Map of the soul: 7, na conta de Twitter do grupo administrada pola súa compañía. Con este estudo preténdese coñecer a comunicación establecida pola empresa e entender o éxito internacional alcanzado polo grupo pese a barreiras como o idioma.
Volver