Secretaría Uvigo - Intimidade e videovixilancia no traballo

Intimidade e videovixilancia no traballo

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónGrao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
CentroFacultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Dirección Titoría: María Noemí García Gestoso
Tribunal Titoría: María Noemí García Gestoso
ResumoRESUMO: No presente traballo que desenvolveremos a continuación, imos realizar un estudo sobre o dereito fundamental á privacidade no mundo laboral, partindo sempre da súa base constitucional, que se baseará no seu artigo 18. Falaremos principalmente, de en que casos este dereito pode ser quebrantado e cando non por parte do empresario, facendo especial énfase na cuestión da videovixilancia e o seu posterior desenvolvemento regulamentario, empregando unha extensa rede de xurisprudencia, lexislación ou manuais de dereito constitucional entre outros. Como continuamente nos referimos e mencionamos a chamada ? privacidade dixital?, cada vez máis importante debido á crecente importancia da tecnoloxía no mundo laboral, tamén debemos referirnos a protección de datos, actualizada recentemente mediante a entrada en vigor dunha nova lei orgánica en decembro de 2018. O noso obxectivo, unha vez rematado este traballo de investigación, será saber en que tipo de situacións se está a levar a cabo unha violación do noso dereito constitucional á intimidade, causada por unha inxerencia ilexítima do empresario ou en determinados supostos, tamén pudendo ser causada por parte dos nosos propios compañeiros de traballo.

PALABRAS CLAVE: Traballador, dereitos fundamentais, vulneración, datos, control dixital, videovixilancia laboral e intimidade no traballo.
Volver