Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun tren de aterraxe autonivelante para drons multirrotor.

Desenvolvemento dun tren de aterraxe autonivelante para drons multirrotor.

Data de defensa18/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pedro Arias Sánchez
Cotitoría: Joaquín Martínez Sánchez
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Pablo Yáñez Alfonso
Secretaría: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoNeste traballo de fin de grao preténdese deseñar un sistema de aterraxe autonivelante para drons multirrotor para superficies que non sexan totalmente planas, así, conseguiremos que o dron estea en todo momento en equilibrio.
Consistirá en instalar nun soporte, 3 patas extensibles que modificarán a lonxitude delas dependendo da superficie na que o dron vaia aterrar.
O sistema de cada pata será dous tubos de fibra de carbono concéntricos, un fixo outro que se moverá verticalmente adaptándose a lonxitude correcta.
A lonxitude destas varía debido ó motor independente que se atopará instalado en cada unha das patas e que fará rotar unha varilla que producirá o movemento vertical da pata móbil.
A idea é que o soporte e as patas sexan todo un, é dicir, que sexa un só elemento, para así poder instalalo en diferentes drons e non sexa únicamente para o uso dun só.
Unha vez finalizado, procederemos a facer un estudo de análise de tensións na estructura para ver como se comporta nas diferentes situacións.
Volver