Simulación e análise dun proceso de obtención de hidróxeno a partir de biomasa.
Data de defensa | 19/11/2020 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Química Industrial |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Ángel Manuel Sánchez Bermúdez Cotitoría: Estrella Álvarez da Costa |
Tribunal |
Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro Vogalía: Angeles Domínguez Santiago Secretaría: Claudio Cameselle Fernández |
Resumo | O hidróxeno vai desempeñar un papel importante como combustible limpo no futuro, polo que neste proxecto deséñase un proceso xenérico de produción de hidróxeno a partir de biomasa de astillas de eucalipto. A biomasa é un residuo doutros procesos industriais relacionados coa industria da madeira, deste xeito, evítase o seu desfeito. Neste proxecto, lévase a cabo unha simulación empregando o software Aspen Hysis e unha análise de sensibilidade dun proceso de produción de hidróxeno. Analízanse os dous tipos de almacenamento de hidróxeno máis comunmente usados na actualidade, o hidróxeno comprimido e o hidróxeno líquido, establecendo unha comparación en termos de viabilidade económica para a súa implementación e funcionamento. Ademais, lévase a cabo unha análise de posibles alternativas de proceso. A análise económica da instalación industrial do proceso proposto lévase a cabo cunha prospectiva a gran escala, empregando compoñentes específicos e realistas, cun consumo enerxético reducido e cun combustible totalmente renovable. Tamén se pretende acadar un bo rendemento no proceso de produción de hidróxeno, maximizando a produción e minimizando o consumo de enerxía. |