Secretaría Uvigo - Recollida e aproveitamento de lixo plástico marino.

Recollida e aproveitamento de lixo plástico marino.

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Diego Moldes Moreira
Tribunal Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro
Vogalía: María de los Ángeles Domínguez Santiago
Secretaría: Claudio Cameselle Fernández
ResumoNos últimos anos unha importante cantidade de estudos científicos alertaron das enormes cantidades de residuos plásticos vertidos en mares e océanos. Estes vertidos non fixeron máis que medrar, o que supón un problema de xestión aínda sen solucionar. Neste traballo faise unha revisión bibliográfica da vertedura de residuos plásticos no medio mariño a nivel global, estatal e mesmo local (Ría de Arousa), no que se fai patente a problemática dos devanditos residuos, que supoñen entre un 60% e un 80% do total do lixo mariño. Considerando tamén que un dos principais problemas dos residuos plásticos é a súa resistencia á degradación, exponse neste traballo unha solución para a súa recollida e valorización mediante un proceso de reciclaxe. Así, proponse utilizar os principais materiais plásticos obtidos no lixo mariño ( PET, PP, PE nylon e PVC) como materia prima no sector téxtil e no sector dos composites, para elaborar por unha banda pezas de roupa e pola outra materiais híbridos de madeira e plástico. Con estes desenvolvementos preténdese diminuír o negativo efecto ambiental dos residuos plásticos no medio mariño, así como diminuír o consumo de recursos naturais dentro dun contexto de economía circular.
Volver