Secretaría Uvigo - Deseño dun procedemento para a extracción de compostos fitotóxicos de orixe vexetal.

Deseño dun procedemento para a extracción de compostos fitotóxicos de orixe vexetal.

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Química Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Asunción Longo González
Cotitoría: María Nuria Pedrol Bonjoch
Tribunal Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Vogalía: Marta María Pazos Currás
Secretaría: Diego Moldes Moreira
ResumoNeste traballo proponse unha alternativa máis ecolóxica aos herbicidas de síntese, controvertidos polo seu efecto prexudicial tanto no medio ambiente como na saúde humana, empregando un material vexetal interesante pola súa abundancia nos montes galegos e polo seu potencial alelopático, o eucalipto, interesante tamén como residuo na industria madereira, contribuíndo así á estratexia de ?Residuo Cero?. Para iso, analizouse experimentalmente a capacidade de extracción sólido-líquido de distintos disolventes (etanol, metanol, Tween 80 e fosfato potásico), a diferentes concentracións, tanto de disolvente como de biomasa, co obxectivo de seleccionar unha única alternativa final. Tamén se analizou o potencial fitotóxico destes extractos, mediante ensaios nos que se cuantificaron os compostos fenólicos e flavonoides, así como o seu efecto nas radículas dunha planta mediante ensaios in vitro. Finalmente, propúxose un método de purificación do disolvente escollido mediante unha separación líquido-líquido para a súa reutilización. Tamén se propón un deseño básico dunha planta piloto deste proceso para demostrar que se pode levar a cabo na práctica industrial.
Volver