Secretaría Uvigo - App para realizar procesos de compra baseada en recoñecemento de voz

App para realizar procesos de compra baseada en recoñecemento de voz

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Tribunal Secretaría: Rafael Sanz Dominguez
Presidencia: Celso Fernández Silva
Vogalía: Andres Augusto Nogueiras Meléndez
ResumoDesenvolvemento dunha aplicación para sistemas Android coa finalidade de realizar compras de produtos de alimentación. A aplicación desenvolverase no IDE Android Studio utilizando o linguaxe de programación Java e comunicarase co servidor da empresa mediante un protocolo de chamada a procedemento remoto XML-RPC. O servidor basearase no software ERP de Odoo e instalarase nun equipo cuxo sistema operativo sexa unha distribución de Linux. Para facilitar a xestión da base de datos o servidor fará uso do software pgAdmin 4.

Grazas ao sistema de recoñecemento de voz de Google incluído nos dispositivos Android, o cliente poderá realizar certa variedade de accións mediante comandos de voz, sen ter que tocar a pantalla: Comezar, modificar, rematar, repetir ou cancelar un pedido, ver un informe dos pedidos anteriores, engadir ou eliminar produtos, consultar os produtos dispoñibles na tenda, indicar a data e hora aproximada na que desexa recibir o pedido ou seleccionar o método de pago. A aplicación mostrará de forma visual e auditiva se a acción realizouse correctamente ou se polo contrario houbo algún erro no proceso, tanto por parte do usuario ao non facilitar a información correcta ou ocorrer algún problema co recoñecemento de voz como por parte do servidor a causa dun fallo de conexión ou unha solicitude incorrecta. A forma e a frecuencia coa que aparecen estes avisos poderá modificarse. Tamén se permitirá o rexistro de novos clientes ou que os usuarios modifiquen seus datos de acceso e se o desexan que sexan recordados para futuros accesos á aplicación. Adicionalmente os clientes recibirán información sobre seus pedidos en forma de correo electrónico. Isto inclúe cando os seus pedidos sexan realizados, admitidos ou procesados.

Cada cliente dispoñerá dun perfil de usuario ao que asociará un nome de usuario, un contrasinal, un correo electrónico, un número de teléfono, unha dirección postal e unha conta bancaria ou tarxeta de crédito para realizar os pagos. Tanto os datos do cliente como os dos seus pedidos, manexaranse polo servidor da empresa. Este servidor solo poderá ser accedido directamente polos empregados da empresa ou usuarios con permisos especiais, os clientes non dispoñerán acceso directo ao servidor. Ademais, contará cos módulos de Odoo necesarios para manexar o proceso de compra, entre os cales encontraranse como mínimo os seguintes: Contactos, ventas, compra, inventario, facturación, servidor de correo electrónico e contabilidade.
Volver