Secretaría Uvigo - Integración dun lector de tarxetas de banda magnética para o pago en aparcadoiros con tarxetas de identificación.

Integración dun lector de tarxetas de banda magnética para o pago en aparcadoiros con tarxetas de identificación.

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ignacio Armesto Quiroga
Tribunal Presidencia: Celso Fernández Silva
Vogalía: Andres Augusto Nogueiras Meléndez
Secretaría: Rafael Sanz Dominguez
ResumoEste Proxecto Fin de Grao (TFG) foi elaborado nunha empresa dedicada á xestión de servizos de aparcadoiros. Este proxecto responde á necesidade de mellorar os métodos de pago utilizados nos caixeiros automáticos das instalacións dos distintos aparcadoiros; ata entón usábanse só métodos máis tradicionais como o efectivo, tanto moedas como billetes ou con tarxetas de crédito, usando lectores EMV. O principal obxectivo do TFG foi levar a cabo a integración dun lector de tarxetas de banda magnética no software principal do funcionamento do caixeiro do aparcadoiro. A principal utilidade destas tarxetas é que o cliente pode ter asociada a súa tarxeta conta bancaria e que simplemente pasándoa polo caixeiro automático como método de pago, pode rematar a súa estancia no aparcadoiro sen necesidade de usar cartos en efectivo.

Para alcanzar este obxectivo, en primeiro lugar se estudaron as diferentes posibilidades que había no mercado para satisfacer a principal necesidade. Todo isto inclúe buscar entre os diferentes tipos, marcas e solucións que se ofrecían ou ideas similares que se poderían atopar.

A continuación, a elección do modelo específico do lector de tarxetas, neste caso o lector de tarxetas CRT-288-K001, e a busca das bibliotecas de protocolo serie correspondentes para facer a comunicación dende o software da empresa. Realizáronse varias probas para ver como era o funcionamento concreto desa comunicación e como se podería integrar. A comunicación co lector está baseada en RS232 (Recommended Standard 232), unha interface física comunicación en serie na que a información binaria de datos se transmite de forma asíncrona; se poderá recibir e transmitir tramas de comunicación coas súas respectivas comprobacións.

En terceiro lugar, toda esa comunicación serie está integrada no software completo mediante a linguaxe de programación C ++ e o contorno de programación Qt. Estase a integrar tanto a comunicación do propio lector a través da propia comunicación serie, como outras operacións necesarias para a completa integración no estacionamento, xa sexa dende o inicio dunha transacción, a cancelación dun pago, ata que se notifique ao cliente ou ao operador os diferentes erros que se poidan atopar debido ao lector.

Finalmente, unha vez que se probou a integración individual empregando os simuladores da empresa para o resto das operacións de estacionamento, dende a entrada dun novo cliente ata o pago da estadía completa, os lectores integráronse en varios dos caixeiros físicos e verificouse o seu funcionamento con varias probas que resultaron exitosas.
Volver