Secretaría Uvigo - Análise e simulación dun sistema fotovoltaico. Como mellorar o seu rendemento empregando algoritmos de Seguemento do Punto de Máxima Potencia e análise da saída de potencia

Análise e simulación dun sistema fotovoltaico. Como mellorar o seu rendemento empregando algoritmos de Seguemento do Punto de Máxima Potencia e análise da saída de potencia

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Pérez Donsión
Tribunal Secretaría: José Antonio Alonso Rodríguez
Presidencia: Carlos Garrido Suárez
Vogalía: Daniel Villanueva Torres
ResumoHoxe en día, o consumo de enerxía está a medrar exponencialmente. Debido a isto, é requerida una maior produción de enerxía. O principal problema é que os combustibles fósiles que se empregan para obtela, emiten moito CO2 e outros gases perigosos para a atmosfera. Como consecuencia, esta transformación está a producir cambios climáticos, que inclúen problemas coma a choiva ácida ou o aumento da temperatura arredor de todo o planeta.
Polo tanto, as enerxías cuxos recursos son extraídos de recursos naturais coma o Sol ou o vento, están a ser desenroladas na busca dun consumo de enerxía sostible.
O obxectivo deste Proxecto é levar a cabo toda a transformación da enerxía solar en electricidade e como se pode mellorar o rendemento empregando algoritmos de Seguemento do Punto de Máxima Potencia (MPPT), estudando os compoñentes do sistema e os seus modos de funcionamento.
Por un lado, é importante falar sobre como a enerxía solar pode ser transformada en electricidade a través dun panel solar. Serán estudados os elementos e os materiais dos paneis solares.
Por outra banda, os algoritmos MPPT son empregados para acadar o punto de máxima potencia do sistema controlando as variables para que o sistema traballe no Punto de Máxima Potencia (MPP). Ademais, serán estudados os tipos máis importantes de algoritmos MPPT para comparar as súas vantaxes e desvantaxes.
Por outra parte, estúdanse en detalle os inversores dos sistemas fotovoltaicos. Un inversor é un mecanismo que transforma a enerxía producida en Corrente Directa (DC) en Corrente Alterna (AC) de tal xeito que poida ser empregada por outros dispositivos eléctricos. Esta tranformación é posible grazas a un proceso de indución electromagnética. O polo do imán xiratorio acércase á bobina de arame, creando una corrente inducida na bobina en dirección oposta á rotación do imán, creando Corrente Alterna.
Como conclusión, estúdanse os erros da previsión solar que afectan á saída de potencia. Isto conleva factores coma a posición do Sol ou a orientación da placa solar que provocan cambios na saída de potencia.
Volver