Secretaría Uvigo - Repotenciación do Parque Eólico A Ruña

Repotenciación do Parque Eólico A Ruña

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Eloy Díaz Dorado
Titoría: Camilo José Carrillo González
Tribunal Secretaría: José Antonio Alonso Rodríguez
Presidencia: Carlos Garrido Suárez
Vogalía: Daniel Villanueva Torres
ResumoO Traballo de Fin de Grao presenta a situación actual do Parque Eólico A Ruña (A Coruña, Galicia) xunto co seu estudo de repotenciación, que consistiría na substitución dos equipos antigos cuxa produción e eficiencia é claramente inferior ás máquinas que se usan hoxe en día. Do mesmo xeito detallaranse os procedementos, traballo e operacións necesarias para o seu deseño e construción.
En setembro de 1992, comeza unha campaña de medidas nos montes de Paxareiras, mediante unha rede de estacións meteorolóxicas de 10 e 40 metros de altura, a fin de caracterizar o recurso eólico na zona. Na devandita localización atópase o Parque Eólico de estudo, formando así, parte da rede dos primeiros parques eólicos galegos.
Para a estimación do recurso eólico no emprazamento, utilizáronse os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas ?A Ruña?, ?Currás? e ?Mazaricos?. Para calcular a distribución direccional de velocidades na localización concreta dos aeroxeradores e estimar a enerxía producida, recorreuse ao modelo computacional de fluxo de ventos WASP, desenvolto por RISO, empregando a curva de potencia do aeroxerador seleccionado ( N117 3.6 MW), facilitada polo fabricante. A simulación permítenos comparar o parque actual e o parque unha vez levada a cabo a repotenciación.
Finalmente, inclúese a análise de viabilidade económica que inclúe o orzamento de todos os elementos que conforman a posta en funcionamento do devandito Proxecto.
Volver