Secretaría Uvigo - Evolución dos usos do solo de 1956 a 2017 do concello de San Cibrao das Viñas

Evolución dos usos do solo de 1956 a 2017 do concello de San Cibrao das Viñas

Data de defensa20/11/2020
TitulaciónGrao en Ciencias Ambientais
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: José Ángel Cid Fernández
Tribunal Vogalía: Pedro Antonio Araujo Nespereira
Presidencia: Francisco Javier Rodríguez Rajo
Secretaría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
ResumoNeste proxecto de fin de grao realizouse unha análise da evolución do uso do solo no concello de San Cibrao das Viñas entre 1956 e 2017. Para levalo a cabo compilouse un inventario de datos ambientais empregando sistemas de información xeográfica. e datos de poboación relativos tanto ao municipio en cuestión como aos seus arredores. O resultado é que o crecemento urbano e industrial do concello de San Cibrao das Viñas relegou o uso de solo rústico eminentemente agrícola en 1956 a abandonado en 2017. Como consecuencia, isto implica un risco crecente de incendio nos terreos improdutivos e unha concentración de contaminantes en zonas urbanas e industriais.
Palabras clave: uso do solo, sistemas de información xeográfica, SIX, San Cibrao das Viñas, incendios, contaminación.
Volver