Secretaría Uvigo - UCI de portas abertas. Revisión Sistemática

UCI de portas abertas. Revisión Sistemática

Data de defensa06/11/2020
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Dirección Titoría: María del Carmen Toucedo Estévez
Tribunal Presidencia: María Victoria Lojo Vicente
Vogalía: MARÍA del MAR ALONSO PÉREZ
Secretaría: Rafael Vázquez Gallardo
ResumoIntrodución: As unidades de coidados intensivos (UCI) evolucionaron moito en canto á medicina e á tecnoloxía, co que se consegue unha maior supervivencia, pero non avanzou tanto en canto á Humanización. O propósito de humanizar estas unidades é mellorar as condición e o benestar do paciente, pero tamén a dos familiares, enfermeiras/os e do resto do persoal que participa no seu coidado. O concepto de ?UCI aberta? é un dos programas que se tenta levar a cabo para aumentar a humanización nestas unidades.

Hipótese: A implantación da política de UCI de portas abertas é beneficiosa.

Obxectivos: Analizar as vantaxes que pode conlevar o concepto de UCI de portas abertas nos hospitais. De xeito secundario, tamén se estudará se mellora o benestar do paciente, se produce una diminución da ansiedade familiar e se ocasiona un aumento da carga de traballo dos profesionais de enfermería.

Método: É unha revisión sistemática de artigos científicos.
As bases de datos utilizadas son: Pubmed, CUIDENⓇ, LILACS, SciELO, Dialnet e Google Académico.
Para valorar o nivel de calidade da evidencia científica dos artigos seleccionados, empregouse a clasificación Scottish Intercollegiate Guidelines Network (SIGN).

Resultados: foron seleccionados oito artigos, atendendo aos criterios de inclusión e exclusión. Seis deles son de orixe español, un de orixe grego e outro de iraní.

Conclusións: Os artigos escollido concluíron que a apertura das UCI é beneficioso para os pacientes e para os seus familiares, pero non así para as enfermeiras/os e para el resto o persoal que participa nos coidados. Implantando o concepto de ?UCI aberta?, mellóranse as necesidades emocionais e psicolóxicas do paciente ingresado, pero pode chegar a invadir a súa intimidade. No que respecta ás familias, esta apertura reduce o seu estrés e aumenta a información sobre o estado de saúde do seu familiar. En canto ao persoal, esta implantación suporía máis estrés y máis carga de traballo.

Palabras clave: Humanización, UCI aberta, visitas flexibles, paciente, familia, persoal de enfermería.
Volver