Secretaría Uvigo - Monitoreo da vexetación de ribeira existente mediante o uso de novas tecnoloxías

Monitoreo da vexetación de ribeira existente mediante o uso de novas tecnoloxías

Data de defensa26/10/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Forestal
CentroEscola de Enxeñaría Forestal
Dirección Titoría: Xana Álvarez Bermúdez
Cotitoría: Enrique María Valero Gutiérrez del Olmo
Tribunal Vogalía: Luis Ortiz Torres
Secretaría: María Ángeles Cancela Carral
Presidencia: Juan Picos Martín
ResumoA vexetación de ribeira nos últimos anos foi vista como a máis modificada, sendo tamén unha das máis afectadas e descoñecidas para o ser humano. A pesar diso, esta vexetación é moi importante para coñecer a vida fluvial e é decisiva para a ecoloxía e a bioloxía. Existen diversos índices para a determinación da calidade da vexetación de ribeira (bosque de ribeira de calidade, índice de vexetación fluvial, índice de hábitat fluvial, avaliación do bosque de ribeira, etc.), pero calcular estes índices é un traballo moi laborioso, que require un gasto tanto humano como monetario. O presente estudo pretende obter este índice a través de imaxes de satélite ou novos métodos para o futuro. Tentando datos nos programas GIS, coas súas extensións en raster e hidroloxía entre outros, obtemos unha escala que se adaptará aos índices existentes. Para estes novos métodos, xa non será necesario visitar todos os puntos de ribeira, reducindo así o tempo para obter resultados. A verificación dos datos obtidos mediante o mapeo das imaxes compárase cos datos existentes, empíricamente e matemáticamente calculados para dar veracidade ao método en estudo.
Volver