Secretaría Uvigo - Factores de risco na conducta suicida: intervención dende o Traballo Social

Factores de risco na conducta suicida: intervención dende o Traballo Social

Data de defensa16/10/2020
TitulaciónGrao en Traballo Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Miguel Ángel Vázquez Vázquez
Tribunal Titoría: Miguel Ángel Vázquez Vázquez
ResumoNeste Traballo Fin de Grao proponse facer unha análise do comportamento
suicida a través da historia da súa conceptualización, os factores de risco que o
precipitan, a situación actual en España e como abordar a súa intervención a través do traballo social e dende a prevención.

En España en 2017 rexistráronse un total de 3.679 mortes por suicidio, con 20
intentos de suicidio por cada un cometido. Deste xeito, as mortes por suicidio son un problema de saúde relevante no noso país, liderando a taxa de mortes non naturais en 2016. Por iso, é necesario abordar a situación desde unha perspectiva integral: por unha banda, a través da prevención coa aplicación de medidas a nivel nacional, a educación dos máis novos e a concienciación da poboación, así como dende a intervención directa, poñendo en marcha todos os dispositivos e recursos posibles: desde a atención primaria á intervención social e comunitaria.


Palabras chave
suicidio, intento de suicidio, prevención, saúde mental, Traballo Social
Volver