Secretaría Uvigo - Persoas maiores e Calidade de Vida: Aportacións e reflexións dende o Traballo Social

Persoas maiores e Calidade de Vida: Aportacións e reflexións dende o Traballo Social

Data de defensa16/10/2020
TitulaciónGrao en Traballo Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Ana Belén Méndez Fernández
Tribunal Titoría: Ana Belén Méndez Fernández
ResumoA Calidade de vida adquire especial relevancia nos últimos anos, non só pola tendencia ao envellecemento das poboacións nas sociedades desenvolvidas, senón que as peculiaridades que o propio término encerra, xeran numerosos debates ao redor da súa definición e metodoloxía para ser estudada.
A importancia do estudo da Calidade de Vida, análise e medición e a función que nelo xoga o Traballo Social resulta evidente, se temos en conta a gran cantidade de aspectos sociais que acolle este fenómeno, na súa fase de estudo a na posterior intervención. É necesario coñecer os instrumentos existentes e incluso participar na incorporación doutros novos, que teñan en conta os aspectos obxectivos e subxectivos coma un todo indisociable na valoración integral destas persoas. Para iso, lévase a cabo unha revisión teórico-crítica.
Inclúense unha serie de propostas dende o Traballo Social que promoven una mellor Calidade de Vida, fomentando un entorno máis inclusivo, no que as persoas maiores síntanse parte activa da sociedade e permítaselle levar o control das súas propias vidas.

Palabras chave: vellez e envellecemento, Calidade de Vida, autodeterminación, Traballo Social.
Volver