Secretaría Uvigo - Inmigración latinoamericana e emprego en España: Caracterización e necesidades

Inmigración latinoamericana e emprego en España: Caracterización e necesidades

Data de defensa16/10/2020
TitulaciónGrao en Traballo Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Ana Belén Méndez Fernández
Tribunal Titoría: Ana Belén Méndez Fernández
ResumoRESUMO
Nas últimas décadas España pasou de ser un país pioneiro en emigración a ser un dos principais receptores de inmigración da Unión Europea. A crise económica española do 2008 conlevou a que cambiaran os fluxos migratorios e á súa vez, o perfil destes, engadindo no vas características e necesidades á inmigración actual.
En base ás diferentes investigacións aportadas por outros/as autores/as, analízanse os cambios ocorridos despois da crise, resaltando as necesidades da poboación inmigrante latinoamericana e as carenzas que presentan a nivel laboral, como son a precarización dos empregos actuais, as baixas condicións laborais, a influencia que ten a economía sumerxida, as notables restricións nas políticas de inmigración vixentes; as cales inciden directamente na súa situación legal e por ende, afectan á súa integración social e á súa trayectoria laboral. Ademáis do importante papel que exercen os/as profesionais do Traballo Social para asesorar a estas persoas en materia de dereitos, e guialas da forma máis axeitada para que poidan optar a unha mellor calidade de vida.

PALABRAS CHAVE: Inmigración latinoamericana, Emprego, Crise económica e Traballo Social.
Volver