Secretaría Uvigo - Aproximación dende a Educación Social á Parentalidade Positiva

Aproximación dende a Educación Social á Parentalidade Positiva

Data de defensa16/10/2020
TitulaciónGrao en Educación Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: María Ainoa Zabalza Cerdeiriña
Tribunal Titoría: María Ainoa Zabalza Cerdeiriña
ResumoRESUMO:
O obxectivo deste traballo é coñecer a realidade da parentalidade positiva dende unha perspectiva teórica e identificala como un recurso psicoeducativo clave nos servizos sociais para satisfacer as emerxentes necesidades individuais e sociais das familias.
Para levar a cabo esta investigación, realizouse unha revisión bibliográfica de artigos, traballos, guías e programas que apoian o exercicio e a intervención profesional da crianza positiva.
Tamén se pon o foco nas políticas sociais promovidas polas distintas administracións públicas para apoiar ás familias. E confírmase o papel relevante que ten a figura do educador social para contribuír a unha maior visibilidade desta práctica na sociedade e como guía / mediador en intervencións centradas na adquisición de competencias e habilidades no exercicio da crianza positiva.

PALABRAS-CHAVE: parentalidade positiva, educación parental, políticas sociais, programas, Educación Social

Volver