Secretaría Uvigo - A transferencia de coñecemento do medio natural como instrumento para educar: a saída académica de estudos ao Parque Natural de Corrubedo, Lagoas de Vixán e Carregal.

A transferencia de coñecemento do medio natural como instrumento para educar: a saída académica de estudos ao Parque Natural de Corrubedo, Lagoas de Vixán e Carregal.

Data de defensa16/10/2020
TitulaciónGrao en Educación Infantil
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: José Antonio Díaz Fernández
Tribunal Titoría: José Antonio Díaz Fernández
ResumoResumo: o medio natural como ferramenta pedagóxica non é unha idea nova. Estudando a historia, a través do tempo, nación tras nación, cultura tras cultura, atopamos exemplos de que non debemos esquecer a gran importancia que ten a natureza sobre as nosas vidas e, polo tanto, o fundamental que é comezar na etapa da educación infantil. Demostrouse que, ademáis de estimular o desenvolvemento do intelecto, enriquece os sentidos, cultiva a súa intelixencia emocional e creatividade.
Este traballo presenta unha intervención cunha serie de actividades que nos achegan á Educación Ambiental, grazas ao uso dunha horta e unha saída ao Parque Natural de Corrubedo, Lagoas de Vixán e Carregal. Orientado para o sexto curso do segundo ciclo de Educación Infantil dun colexio de A Coruña. Prevalecerá un enfoque lúdico y baseado na experiencia directa.

Palabras chave: educación medio ambiental, educación infantil, transferencia de coñecemento, horta, ciclo da auga, parque natural.
Volver