Secretaría Uvigo - Proposta de intervención para a resolución de conflitos en educación infantil

Proposta de intervención para a resolución de conflitos en educación infantil

Data de defensa16/10/2020
TitulaciónGrao en Educación Infantil
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Encarnación Sueiro Domínguez
Tribunal Titoría: Encarnación Sueiro Domínguez
ResumoO presente Traballo Fin de Grao baséase no estudo teórico do conflito e nos seus rasgos principais na etapa de educación infantil. A partir deste estudo, elaborarase un plan de intervención coa finalidade de resolver conflitos, o que fomentará un ambiente axeitado na aula e axudará a establecer relacións saudables desenvolvendo a capacidade de buscar solucións por eles mesmos desde a infancia.
A principal finalidade é ampliar a información acerca dos conflitos e de cómo solventalos, para o que se desenvolverá unha parte teórica, que aporta os coñecementos básicos e necesarios do tema e un plan de intervención educativo para o segundo ciclo de educación infantil, no que se plantean unha serie de obxectivos que poden ser de gran axuda á hora de solventar os conflitos.
Coas actividades traballaremos a resolución de conflitos, a empatía e a escoita activa.
Ensinarémoslles a identificar emocións, sentimentos e a ser respetuosos cos demáis. Para finalizar, realizaremos actividades que lles ensinen a cooperar e a aceptar as regras do grupo. Todo isto cunha avaliación, para valorar a consecución de obxectivos.

Palabras chave: conflito, infancia, solucións
Volver