Eficacia da terapia electroconvulsiva en pacientes diagnosticados con trastorno depresivo maior
Data de defensa | 13/11/2020 |
Titulación | Grao en Enfermaría |
Centro | Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense |
Dirección |
Titoría: Maria José Juliana Álvarez García |
Tribunal |
Presidencia: Maria José Juliana Álvarez García |
Resumo | RESUMO Introdución A terapia electroconvulsiva é unha técnica con case un século de historia. Ata hoxe mantívose relevante no tratamento de múltiples patoloxías psiquiátricas, incluído o trastorno depresivo maior. A pesar do seu alto grao de eficacia, moitos pacientes non son tratados con terapia electroconvulsiva, posiblemente por un estigma que rodea a técnica dende os seus inicios. obxectivos Investigar sobre a terapia electroconvulsiva e a súa eficacia como tratamento en pacientes con trastorno depresivo maior en termos de mellora da calidade de vida. Metodoloxía A metodoloxía baséase nunha revisión bibliográfica de estudos que responden á pregunta de investigación formulada inicialmente. Os artigos foron extraídos da base de datos MEDLINE e avaliados empregando as pautas clínicas ofrecidas polo programa CASPe (Critical Appraisal Skills Program Spanish). Conclusións A terapia electroconvulsiva demostrou ser un tratamento eficaz e de acción rápida, mellorando a calidade de vida dos pacientes diagnosticados de trastorno depresivo maior aínda máis que outros tratamentos. É importante consideralo como o tratamento principal e non como secundario cando outras opcións non obteñen o resultado esperado. Palabras clave Terapia electroconvulsiva, depresión, eficacia, calidade de vida |