Secretaría Uvigo - Análise e comparación das especies de peixes presentes no intermareal de tres praias expostas e da súa relación coas características ecolóxicas das mesmas.

Análise e comparación das especies de peixes presentes no intermareal de tres praias expostas e da súa relación coas características ecolóxicas das mesmas.

Data de defensa09/10/2020
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Mariano Lastra Valdor
Tribunal Vogalía: Jesús López Pérez
Presidencia: Ana María Graña Rodríguez
Secretaría: Marco Jabalera Cabrerizo
ResumoAs praias son un dos ecosistemas máis diversos da natureza, en gran medida debido a multitude de hábitats diferentes que proporcionan aos seres vivos. A abundancia e diversidade en devanditos ecosistemas ven sobretodo determinada polos factores físicos e químicos que afectan aos mesmos. O obxectivo do presente estudo é analizar e comparar tres praias de características similares, neste caso as tres son praias situadas nas Rías Baixas cun alto grado de exposición e unhas propiedades ecolóxicas a priori parecidas, e relacionar ditas características coas especies presentes nelas. Nas mostraxes recolleríanse mostras de fauna, auga e sedimeto e á sua vez se medirían tanto o perfil da praia coma a zonación das algas. Posteriormente procesaríanse as mostras no laboratorio: filtraríanse as mostras de auga de rompinte e insersticial, levaríase a cabo unha extracción de nutrientes do sedimento, identificaríanse as especies recollidas e se medirían e pesarían. Tralo procesado de todas as mostras, serían levadas ao CACTI para a realización da análise de Nitratos e Fosfatos. Nas mostraxes obteríanse 3 especies de peixes diferentes: Echiichthys vipera, Solea lascaris y Atherina presbyter, nunha abundancia relativamente baxa, e das 3 especies atoparíanse al menos 2 en cada una de las praias. Á sua vez os factores ecolóxicos estudiados (exposición, productividade, perfil da praia e zonación das algas) serían relativamente similares en 2 das praias escollidas e diferirían un pouco nunha de elas. En conclusión, pódese extraer que as especies presentes nas praias con propiedades similares ás estudiadas, soen ser comúns nestes tipos de hábitats e presentar unhas características morfolóxicas que lles permitan adaptarse da mellor forma posible a ditos medios. Tamén se puido constatar que certas especies poderían utilizar as praias como zonas de cría e a modo de ?guardería? para que os seus descendentes alcancen a fase adulta do seu desarrollo, posto que algúns dos individuos recollidos trátanse de xuvenís de especies cuxo hábitat é diferente unha vez alcanzaron a etapa final do seu desarrollo.
Volver