Secretaría Uvigo - Avaliación da validez do xene mitocondrial de codificación da subunidade 1 da Citocromo Oxidasa C (COI) como identificador de especie no xénero Carcharhinus (familia Carcharhinidae)

Avaliación da validez do xene mitocondrial de codificación da subunidade 1 da Citocromo Oxidasa C (COI) como identificador de especie no xénero Carcharhinus (familia Carcharhinidae)

Data de defensa09/10/2020
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Juan José Pasantes Ludeña
Cotitoría: Daniel García Souto
Tribunal Presidencia: Manuel Besada Morais
Secretaría: José Manuel García Estévez
Vogalía: Sandra Martínez García
ResumoAo longo dos anos, houbo unha enorme expansión na aplicación de ferramentas xenéticas para tratar problemas ecolóxicos e evolutivos nos estudos sobre elasmobranquios. Nos últimos anos, a taxonomía está en aumento debido ao enfoque revolucionario do barcoding do ADN. Os estudos xenéticos dos elasmobranquios son de importancia directa e aplícanse a cuestións de conservación, xestión da pesca, captación de especies crípticas, etc. Mediante BOLD obtivéronse secuencias de nucleótidos de 652 pares de bases da subunidade 1 da citocromo oxidase c (COI) a partir de 30 especies do xénero Carcharhinus importantes para os ecosistemas mariños, das que a súa filoxenia molecular levouse a cabo polo método do parsimonia máxima ou, polo seu nome en inglés, máxima verosimilitude (ML) en MEGA X Os resultados mostraron que o xene COI é válido como identificador de especies no xénero Carcharhinus, sempre que se realice unha revisión holística utilizando diferentes criterios en combinación para a súa clasificación dalgún dos taxóns. Finalmente, pódese ver a análise por motor BOLD de secuencias detectadas que por proximidade homóloga son identificacións rotuladas potencialmente erróneamente.
Volver