Secretaría Uvigo - Impacto da forza máxima de presión no rendemento do judo a nivel internacional: revisión sistemática

Impacto da forza máxima de presión no rendemento do judo a nivel internacional: revisión sistemática

Data de defensa06/10/2020
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Diego Alonso Fernández
Tribunal Presidencia: Vicente Romo Pérez
Vogalía: María de los Ángeles Fernández Villarino
Secretaría: Óscar García García
ResumoResumo:
O agarre e o primeiro contacto entre dous deportistas durante un combate de judo. Isto indicanos a importancia que pode ter esta acción nun deporte de loita. Como en moitos deportes, o sexo é unha variable importante, marcadon diferencias nas características dos combates. O obxetivo da presente revisión é coñecer en que medida é relevante a forza isométrica de agarre na obtención de resultados a nivel internacional e cal dos dous sexos pode obter un maior beneficio de dita variable. Para isto, realizouse unha revisión sistemática en WOS e SCOPUS baseada na metodoloxía PRISMA, obtendo un total de 7 artigos que se axustan aos criterios de selección previamente delimitados. Os resultados obtidos en kilogramos forza (KgF) foron de 56.81±8.82 KgF e 40.41±6.54 KgF na élite, en categoría masculina e feminina respectivamente e de 49.96±6.73 KgF en homes e 34.8±5 KgF en mulleres na non-élite. A diferenza de forza entre judokas masculinos e femininos dase polas características fisiolóxicas e antropométricas de cada sexo. Os resultados obtidos non permiten afirmar de maneira concluinte que unha maior forza isométrica de agarre poida considerarse variable de éxito no alto nivel deportivo en judo e que non existe evidencia de que ningún dos dous sexos obteña un beneficio maior de dita cualidade.

Palabras clave:
Judo, forza, agarre, élite, mulleres, homes, revisión sistemática.
Volver