Secretaría Uvigo

Integración lingüística e cultural do programa LCA (Lingua, cultura e adaptación á universidade española).

NomeIntegración lingüística e cultural do programa LCA (Lingua, cultura e adaptación á universidade española).
Obxectivo xeralAcoller ao alumnado do programa LCA e facilitar a súa integración.
Obxectivo específicoFacilitar o entendemento da nosa lingua e a nosa cultura aos estudantes do programa LCA. Axuda lingüística e acompañamento a eventos universitarios (teatro, roteiros, comunicacións, etc.) e non universitarios que poidan ser de interese para eles.
Entidade promotoraVICEDECANATO DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA FACULTADE DE TURISMO
Data inicio20/01/2020
Data fin 31/05/2020
Persoas destinatarias
Participantes/asistentes en carreiras, congresos, seminarios...
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoO alumnado debe ter coñecemento de idiomas, estar ao día das actividades programadas pola UVIGO así como de información de interese sobre a cidade de Vigo, e actitude aberta cara outras culturas.
Funcións voluntariado1. Recepción e acompañamento.
2. Información sobre actividades da UVIGO e a cidade de Vigo.
3. Apoio ás actividades organizadas.
Actividadesl. Recepción e acompañamento:
• Previo á chegada dos estudantes do programa LCA, asistir ás xuntanzas para familiarizarse co perfil dos estudantes e da súa cultura.
• Estar pendentes dos estudantes os primeiros días no noso país. Ir á sesión de orientación (se é posible), quedar con eles na cafetería, axudarlles con dúbidas sobre como e que pedir na cafetería, horarios dos buses, etc.
• Facerlles compañía nesas primeiras semanas en que todo será novo para eles e que botarán en falta a súa familia, a súa cultura, o seu país, etc.
2. Información sobre actividades da UVIGO e a cidade de Vigo:
• Oferta cultural e de lecer da Uvigo.
• Asesoramento lingüístico. Quedar con eles e intentar falar en español, axudarlles con dúbidas lingüísticas, etc.
• Oferta cultural e de lecer da cidade de Vigo e os seus arredores.
3. Apoio ás actividades organizadas:
As persoas voluntarias participarán como apoio en, alomenos, 2 actividades: gimkana, visita a Baiona, visita ao norte de Portugal, visita a Pontevedra, visita a Santiago de Compostela, etc.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicación40 horas
Lugar realizaciónAs persoas voluntarias desenvolverán as actividades no campus de Vigo da Universidade de Vigo. Así mesmo, as persoas voluntarias poderán desprazarse nas excursións ou actividades de ocio organizadas para o alumnado do programa LCA.
Observacións
Coordinadores

Mercedes Álvarez Piñeiro:
986814089 / malvarezp@uvigo.es
De luns a xoves, de 12:00 a 14:00 horas.

Minia Rodríguez Bernárdez:
986812250 / centrodelinguas@uvigo.es
De luns a xoves de 9:00 a 18:00 horas.