Secretaría Uvigo

Axudando na mellora da atención integral a persoas con discapacidade intelectual

NombreAxudando na mellora da atención integral a persoas con discapacidade intelectual
Objetivo generalDar unha atención integral ás persoas con diversidade intelectual e necesidades educativas especiais a través das diferentes áreas e actividades: ocupacionais, de ocio e tempo libre, deportivas e educativas.
Objetivo especificoApoiar no desenvolvemento das actividades e acompañar á persoa con diversidade funcional e/ou intelectual.
Entidad promotoraHOGAR Y CLINICA SAN RAFAEL
Fecha inicio04/11/2019
fecha fin 27/10/2027
Personas destinatarias
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoAptitudes necesarias:
- Non se require unhas condicións particulares, simplemente aquelas que permitan integrarse e participar na actividade a realizar.
- A persoa voluntaria debe dispoñer do tempo de dedicación ao que se compromete.
Actitudes necesarias:
- Discreción a respecto á intimidade das persoas.
- Madurez e equilibrio emocional.
- Sentimentos de xenerosidade e aceptación cara as persoas con diversidade.
- Respecto total cara os costumes, valores, ideas, opinións... das persoas.
- Flexibilidade, tolerancia e solidariedade.
- Non adoptar unha actitude paternalista, nin sobreprotectora.
- Ser unha persoa creativa e innovadora.
- Compromiso e constancia.
- Ser amable e paciente.
- Ter empatía, capaz de poñerse no lugar da outra persoa.
- Actitude positiva, coordinación e colaboración cos profesionais (traballo en equipo).
- Recoñecer as propias limitacións.
- Realizar o servizo con responsabilidade e puntualidade.
- Gardar o segredo profesional, excepto naquelas situacións que con leven riscos para a persoa destinataria do servizo ou para outras.
Funciones voluntariado- Apoiar ao profesional na actividade elixida.
- Fomentar o espírito de grupo co grupo de voluntariado.
- Participar na organización respectando a súa Misión, Visión e Valores.
ActividadesA persoa voluntaria, a través das actividades de ocio e tempo libre, complementarias, ocupacionais e extraescolares programadas para as diferentes áreas do centro, prestará atención, apoio e asistencia integral ás persoas con diversidade intelectual con idades comprendidas entre os 6 e os 70 anos, no horario de 09:00 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h.

Todas as actividades contan cunha persoa responsable (manualidades, formación, saídas, etc..) e que apoiará á persoa voluntaria na súa labor colaborativa, garantindo que non se suplantará a ningún profesional.

As actividades están programadas dentro das diferentes áreas segundo o horario, a colaboración sería dunha 1,5 h. / 2 horas aproximadamente dentro dese horario, a concretar na entrevista en función das necesidades e expectativas da persoa voluntaria.

Calquera persoa que participe no voluntariado do centro, debe presentar o certificado de Delitos de Natureza Sexual.

As actividades de ocio e tempo libre do fin de semana, serán en función da oferta cultural: visitar unha exposición, feira, museo, dar un paseo, acompañamento, etc.
Tiene contacto con menoresSi
Tiempo dedicacionActividades semanais de luns a venres: entre 1,5 h. / 2 horas un día a semana.
Actividades fin de semana: entre 2,5 h. / 3 horas (Pódese alternar os fins de semana).
Lugar realizacionNas diferentes instalacións do centro Fogar e clínica San Rafael en Vigo.
Observaciones
Coordinadores

Olalla Carril Lombardero:
658037788 / saravi.voluntariado@hsjd.es
De luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.