Secretaría Uvigo

Voluntariado ambiental no Gruvi-OMA para a recuperación de equipos eléctricos e electrónicos

NomeVoluntariado ambiental no Gruvi-OMA para a recuperación de equipos eléctricos e electrónicos
Obxectivo xeralMinimización na xeración de residuos eléctricos e electrónicos da universidade.
Obxectivo específicoRevisar e reparar equipos eléctricos e electrónicos desbotados pola universidade para poder darlles unha segunda vida, doándoos a entidades sociais sen ánimo de lucro.
Entidade promotoraVICEDECANATO DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA FACULTADE DE TURISMO
Data inicio10/10/2019
Data fin
Persoas destinatarias
Poboación en xeral
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoPersoas con algunha formación en informática, electrónica e electricidade que teñan interese en desenvolver traballos no Gruvi (taller de recuperación de equipos eléctricos e electrónicos da Universidade de Vigo) que axuden na diminución como residuo dos equipos informáticos obsoletos.
Funcións voluntariadoApoio no programa de recuperación de aparellos eléctricos e electrónicos no taller do Gruvi.
ActividadesDeberán realizar traballos de recuperación e aproveitando equipos informáticos avariados ou obsoletos, e dos seus compoñentes, co fin de destinalos a entidades sen ánimo de lucro.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónMínimo de 2 a 4 horas á semana.
Lugar realizaciónTaller do Gruvi (Grupo de reciclaxe informática da Universidade de Vigo) no campus das Lagoas-Marcosende.
ObservaciónsAs persoas voluntarias participarán no programa durante o curso escolar (exceptuando xullo e agosto).
Coordinadores

María Delfina Couce Fortúnez:
986813883 / oma2@uvigo.es
De 9:00 a 14:00 horas.