Secretaría Uvigo

UVigo cos brazos abertos

NomeUVigo cos brazos abertos
Obxectivo xeralAcoller ao alumnado estranxeiro de intercambio nos tres Campus universitarios de Uvigo.
Obxectivo específicoFacilitar a chegada e a integración do alumnado estranxeiro de intercambio.
Entidade promotoraVICEDECANATO DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA FACULTADE DE TURISMO
Data inicio24/10/2019
Data fin 21/03/2022
Persoas destinatarias
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoO alumnado debe ter coñecemento de idiomas, coñecemento sobre o funcionamento da ORI (Oficina de Relacións Internacionais) e dos servizos da Universidade de Vigo así como de información de interese sobre a cidade de residencia dos estudantes de intercambio. Dispoñibilidade horaria e unha actividade aberta cara outras culturas.
Funcións voluntariado1. Recepción e acompañamento de alumnado estranxeiro.
2. Asesoramento e información.
3. Apoio á organización de actividades.
Actividades1. Recepción e acompañamento de alumnado estranxeiro:
- Previa á chegada, contactar vía e-mail co alumnado estranxeiro para presentarse antes de que emprenda a viaxe a Galicia.
- Recoller aos estudantes estranxeiros asignados no aeroporto, estación de tren ou autobús en Galicia, tanto en Vigo, Ourense ou Pontevedra en función do campus onde reside a persoa voluntaria e acompañalos á ORI.
- Acompañar ao estudante ao seu lugar de aloxamento. Se o aloxamento é provisional, apoio para buscar aloxamento definitivo.
- Acompañar ao alumnado á facultade correspondente.
2. Asesoramento e información sobre os seguintes aspectos:
- Os servizos á comunidade universitaria dos tres Campus.
- Cursos de lingua e cultura española e galega.
- Opcións de aloxamento nas cidades de Pontevedra, Vigo e Ourense.
- Oferta cultural e de lecer da Uvigo.
- Organismos públicos de interese: hospitais, policía, consulado, etc.
3. Apoio á organización de actividades: As persoas voluntarias apoiarán na organización de, ao menos, 3 actividades.
- Ola! Festa de benvida.
- Coñécenos. Visita ás cidades dos 3 Campus:
* Vigo + Illas Cíes.
* Pontevedra + Combarro.
* Ourense + Ribeira Sacra.
- Ata sempre! Festa de despedida.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónPara a realización as actividades sinaladas o voluntariado dedicaralle 30 horas.
Lugar realizaciónAs persoas voluntarias desenvolverán as actividades nos tres campus de Universidade de Vigo.
ObservaciónsO alumnado recibirá unha formación sobre as funcións que vai desempeñar de 3 horas así como o material (incluídas nas 30 horas de acción).
O voluntariado realizarase en 3 períodos:
- Dende a última semana de agosto ata finais de outubro.
- Xaneiro e febreiro.
- Dende a segunda quincena de maio ata finais da primeira quincena de xuño.
Coordinadores

Amelia Rodríguez Piña:
986813751 / dir.ori@uvigo.es
De 9:00 a 14:00 horas

María Teresa Arce Aramendi:
986813592 / ori@uvigo.es
De 9:00 a 14:00 horas