Secretaría Uvigo

!MEET-Uvigo

Nome!MEET-Uvigo
Obxectivo xeralAxudar á adaptación do alumnado de primeiro curso á Universidade de Vigo.
Obxectivo específicoO alumnado de primeiro, grazas ao alumnado mentor, conseguirá:
- Potenciar a súa autonomía.
- Mellorar os seus métodos de estudo.
- Saber poñer en práctica técnicas para súa xestión do tempo.
- Poñer en práctica competencias intrapersoais (afondar no seu autocoñecemento, xestión emocional, motivación).
- Desenvolver competencias interpersoais (traballar en equipo, resolver conflitos...).
Entidade promotoraVICEDECANATO DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA FACULTADE DE TURISMO
Data inicio03/10/2019
Data fin 31/08/2021
Persoas destinatarias
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoAs persoas voluntarias teñen que ser estudantes de 3º e 4º curso (en casos extraordinarios poderían participar alumnado de 2º curso) das titulacións que teñen como PAT ao MEET-Uvigo.
Actualmente están participando as seguintes titulacións: Tecnoloxías da Telecomunicación, Linguas Estranxeiras, Recursos Mineiros e Enerxéticos, Enerxía, Química, Economía e Ciencias do Mar.
Será requisito imprescindible a superación da formación do MEET-Uvigo.
Funcións voluntariado1. Reunirse co alumnado de 1º curso como mínimo 8 veces nas datas programadas.
2. Preparar as temáticas das sesións coa persoa coordinadora do MEET-Uvigo.
3. Aportar información sobre como se desenvolveron as reunións na materia xerada na plataforma FaiTIC.
4. Asistir ás sesións de supervisión.
5. Notificar incidencias á persoa coordinadora do MEET-Uvigo.
Actividades- Reunirse co alumnado de 1º curso como mínimo 8 veces nas datas programadas.
- Preparar as temáticas das sesións coa persoa coordinadora do MEET-Uvigo.
- Aportar información sobre como se desenvolveron as reunións na materia xerada na plataforma FaiTIC.
- Asistir ás sesións de supervisión.
- Notificar incidencias á persoa coordinadora do MEET-Uvigo.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicación* Reunións directas entre o alumnado mentor (persoa voluntaria) e o seu grupo: 8 horas.
* Posta en común e preparación entre o alumnado mentor e a correspondente persoa coordinadora do MEET-Uvigo: 8 horas.
* Estímase tamén a necesidade dunha hora adicional de preparación persoal de cada alumnado mentor por cada sesión presencial (preparación de material, elaboración de orde do día, redación de actas, ...): 8 horas.
* 3 sesións de 4,5 horas de supervisión: 13,5 horas.
* Algún encontro individual ou actividade a maiores: 4 horas.
Lugar realizaciónNos centros onde se desenvolve o MEET-Uvigo.
ObservaciónsO programa de voluntariado inicia o 01 de setembro e finaliza 31 de maio de cada curso académico.
Coordinadores

María de los Ángeles Villar Lemos:
986812035 / innovacion.educativa@uvigo.es
De 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 horas.