Secretaría Uvigo

Clases de apoio escolar a menores en risco de exclusión social

NomeClases de apoio escolar a menores en risco de exclusión social
Obxectivo xeralPromover o desenvolvemento socieducativo de menores procedentes de familias en risco de exclusión social. A finalidade é que estes menores teñan as mesmas oportunidades que os demáis e afronten un futuro cun bo nivel académico e aproveiten ao máximo a súa educación formal, xa que a educación é unha das ferramentas principais para minorar as situacións que os colocan en risco de exclusión social.
Obxectivo específico- Acadar unha mellora nas cualificacións do alumnado cada trimestre.
- Inculcar hábitos de traballo e estudo que poidan aplicar ao longo da súa vida académica.
- Prever conflitos no ámbito educativo.
- Atender ás necesidades educativas especiais de diferentes menores e mocidade.
Entidade promotoraASDEGAL (ACCIÓN SOLIDARIA DE GALICIA)
Data inicio08/11/2019
Data fin
Persoas destinatarias
Infancia
Xuventude
Minorías étnicas - persoas migrantes
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoPersoa responsable, con gran capacidade de formación, convenientemente formada, que teña empatía cos menores...
Funcións voluntariadoAxudar aos menores a facer os deberes, resolver as dúbidas que teñan á hora de preparar os exames. Na medida do posible, transmitir ao alumnado técnicas de estudio que lles faciliten a asimilación de coñecementos. Esta actividade realízase baixo a colaboración dunha persoa voluntaria coordinadora destas clases.
Actividades1. Apoio escolar.
2. Actividades de formación.
3. Seguemento e avaliación por parte das persoas voluntarias sobre como vai o alumnado, como é o seu comportamento na clase...
Ten contacto con menoresSi
Tempo adicaciónPídese unha dedicación como mínimo de 2 horas semanais.
Lugar realizaciónEn Vigo, concretamente no Centro Social do Calvario, Centro Rivera Atienza, Centro Social de Teis, Parroquia da Florida, Centros de menores (Hogar San José, Trinitarias).
ObservaciónsProxecto de duración curso escolar. Durante os meses de xullo e agosto realízaranse clases de reforzo escolar en horario de mañá.
Coordinadores

Laura Recondo Vázquez:
629760176 / gestionvoluntariado@asdegal.org
Luns a venres de 9:30 a 13:30 horas