Secretaría Uvigo

Intervención grupal e en actividades de ocio con persoas con TEA (trastorno do espectro autista)

NomeIntervención grupal e en actividades de ocio con persoas con TEA (trastorno do espectro autista)
Obxectivo xeralMellorar a calidade de vida dos menores con TEA (trastorno do espectro autista).
Obxectivo específicoDesenvolver habilidades sociais, de interacción e comunicación social.
Entidade promotoraASOCIACIÓN POR ELES T.E.A. OURENSE (PETEA)
Data inicio18/01/2023
Data fin 01/12/2027
Persoas destinatarias
Infancia
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoPersoa activa, dinámica e con iniciativa que queira comprometerse coa atención a menores con TEA (trastorno do espectro autista). Valoramos a experiencia previa con este colectivo ou con menores con discapacidade, pero sobre todo as ganas de aprender e comprender as características das persoas con TEA.
Funcións voluntariado- Apoio ás profesionais de referencia nas actividades de habilidades sociais
- Execución das sesións de habilidades sociais baixo a supervisión da profesional de referencia
- Elaboración de material para as sesións
- Atención individualizada dos/as usuarios/as baixo a supervisión da profesional de referencia
- Apoio nas actividades de ocio da asociación
Actividades- Participación nos grupos de habilidades sociais
- Participación nas actividades de ocio da asociación (por exemplo: natación con apoios)
Ten contacto con menoresSi
Tempo adicaciónA concretar en función da disposición da persoa voluntaria e das actividades semanais.
Lugar realización- Asociación Por Eles TEA , rúa Ramón y Cajal, nº 6, Baixo A, 32001 Ourense
- Ximnasio BeOne Eiroas, Rúa do Sol, 1, 32001 Ourense
Observacións
Coordinadores

Paloma Montes Guerra:
988701658 / psicologia.peteaou@gmail.com
De luns a venres de 9:00 a 13:00 horas e 15:00 a 20:00 horas