Secretaría Uvigo

Dorotea

NomeDorotea
Obxectivo xeral- Combater a soidade non buscada na comarca do Deza.
- Xerar dinámicas de compromiso social e voluntariado na comarca do Deza.
Obxectivo específico- Crear un espazo de ocio e encontro entre persoas que viven soas ou se senten soas.
- Acadar habilidades sociais.
- Integración social de colectivos en risco de exclusión social.
Entidade promotoraFundación Baiuca Verdescente
Data inicio30/11/2021
Data fin
Persoas destinatarias
Poboación en xeral
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoVoluntariado interxeracional, persoas con ganas de aprender e compartir coñecementos.
Funcións voluntariadoAs persoas voluntarias terán que acondicionar o espazo, organizar as actividades e implementalas, sempre acompañadas da persoa responsable do proxecto. Ao finalizar o tempo coas persoas usuarias recoller o espazo para que quede do mesmo xeito que se topou. Ademais o primeiro sábado de cada mes realízase unha sesión matinal de 4 horas para preparar as actividades de cada mes de forma conxunta.
ActividadesAs actividades serán preparadas polo equipo de coordinación en colaboración coas persoas voluntarias:
- Talleres de alimentación saudable.
- Talleres de benestar emocional e actitude positiva.
- Talleres de mellora da condición física.
- Realizar saídas para coñecer o entorno.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónMínimo 24 horas, repartidas en diferentes xornadas cada domingo de 15:30 a 19:30 horas
Lugar realizaciónLocal Social da Asociación Cultural o Cruceiro de Breixa. Centro Social de Breixa S/N
36546-Breixa, Silleda (Pontevedra)
ObservaciónsTodo o noso voluntariado recibirá formación previa en:
- Nocións básicas de Voluntariado.
- Igualdade e Non Discriminación no Voluntariado.
- Protocolo Prevención Covid-19 no Voluntariado.
Coordinadores

Andrea Dunia Díaz Casal:
600840261 / secretariado@baiucaverdescente.org
De 9:00 a 14:00 horas de luns a venres

Carolina Delgado García:
637550839 / secretariado@baiucaverdescente.org
De 9:00 a 16:00 horas de luns a venres