Secretaría Uvigo

A miña horta é a túa

NomeA miña horta é a túa
Obxectivo xeralAcadar a inclusión e integración social, combater a desigualdade, accesibilidade á produtos frescos e de calidade de primeira necesidade por parte dos sectores poboacionais desfavorecidos e crear rede de voluntariado, poñer en valor a pequena explotación no agro galego.
Obxectivo específicoAxudar na recolección aos propietarios de hortas particulares, dar saída a excedentes agrícolas particulares, facer chegar alimentos frescos e de calidade a persoas en risco de exclusión social.
Entidade promotoraFundación Baiuca Verdescente
Data inicio30/11/2021
Data fin
Persoas destinatarias
Infancia
Muller
Poboación en protección ou en risco de exclusión social
Poboación en xeral
Terceira idade
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoPersoa maior de idade que teña ganas de crear una rede solidaria entre persoas, coñecer o agro galego de primeira man e contribuír a igualdade entre persoas.
Funcións voluntariadoAs persoas voluntarias se encargarán de colaborar nas seguintes tarefas:
- Recolección dos excedentes agrícolas das hortas particulares
- Transportar o produto ao almacén
- Catalogación e clasificación da colleita
- Reparto ás familias en risco de exclusión social en colaboración cos Servizos Sociais
ActividadesO equipo de coordinación envía ás persoas voluntarias a planificación da acción voluntaria coa localización e persoas de contacto das hortas particulares e hora de recollida dos alimentos o día anterior. No día da acción voluntaria seguirán a ruta indicada polo equipo da coordinación e entre as 10:00 e as 12:00 para colaborar na recollida dos alimentos. Ás doce, no punto de entrega todas as persoas voluntarias en colaboración co equipo de coordinación catalogan, pesan e reparten equitativamente os alimentos para as cestas das familias destinatarias. De 13:00 a 14:00 as cestas son entregadas en Servicios Sociais do Concello de Silleda para ser entregadas ás familias
Ten contacto con menoresSi
Tempo adicaciónUn mínimo de 24 _ Catro horas semanais.
Lugar realización- Concello de Silleda
- Concello de Vila de Cruces
- Concello de Lalín
ObservaciónsTodas as persoas voluntarias recibirán formación previa a acción voluntariado de:
- Nocións Básicas de Voluntariado
- Nocións Básicas de Horta ecolóxica
- Igualdade e Non Discriminación no Voluntariado
- Protocolo de Prevención COVID 19 no Voluntariado.
-Todos os gastos derivados da acción voluntaria serán sufragados pola Fundación Baiuca Verdescente
Coordinadores

Andrea Dunia Díaz Casal:
600840261 / secretariado@baiucaverdescente.org
De 9:00 a 14:00 horas de luns a venres

Carolina Delgado García:
637550839 / secretariado@baiucaverdescente.org
De 9:00 a 16:00 horas de luns a venres