Secretaría Uvigo

.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.

A RSU nas titulacións

A oferta formativa da Universidade de Vigo inclúe unha titulación de Responsabilidade social, Mestrado en administración integrada de empresas e responsabilidade social corporativae diferentes estudos de grao e posgrao teñen materias relacionadas cos ámbitos da Responsabilidade social:

 

GRAOS

- Grao en Dereito: atención á discapacidade / responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Grao en Administración e Dirección de Empresas: responsabilidade social

- Grao en Dirección e Xestión Pública: responsabilidade social

- Grao en Educación Infantil: atención á discapacidade / responsabilidade social

- Grao en Educación Primaria: atención á discapacidade / responsabilidade social

- Grao en Educación Social: atención á discapacidade / responsabilidade social

- Grao en Traballo Social: atención á discapacidade / responsabilidade social

- Grao en Publicidade e Relacións Públicas: responsabilidade social 

- Grao en Economía: responsabilidade social

- Grao en Comercio: responsabilidade social

- Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos: responsabilidade social / prevención de riscos laborais

- Grao en Xeografía e Historia: responsabilidade social

- Grao en Belas Artes: responsabilidade social

- Grao en Linguas Estranxeiras: responsabilidade social

- Grao en Tradución e Interpretación: responsabilidade social

- Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios: responsabilidade social

- Grao en Enfermaría: atención á discapacidade / responsabilidade social

- Grao en Fisioterapia: atención á discapacidade / responsabilidade social

- Grao en Actividade Física e do Deporte: atención á discapacidade / responsabilidade social

- Grao en Ciencias Ambientais: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Grao en Química: atención á discapacidade / responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

- Grao en Química Industrial: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

- Grao en Consultaría e Xestión da Información: responsabilidade social

- Grao en Ciencias do Mar: atención á discapacidade / responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Grao en Bioloxía: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

- Grao en Enxeñaría Agraria: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

- Grao en Enxeñaría Forestal: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

- Grao en Enxeñaría da Enerxía: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

- Grao en Enxeñaría Eléctrica: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente

- Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente

- Grao en Enxeñaría Mecánica: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

- Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

- Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación : responsabilidade social

- Grao en Enxeñaría Informática: responsabilidade social

- Grao en Organización Industrial: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

 

MESTRADO

- Mestrado en dificultades de aprendizaxe e procesos cognitivos: atención á discapacidade

- Mestrado en intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos: atención á discapacidade

- Mestrado en necesidades específicas de apoio educativo: atención á discapacidade

- Mestrado en investigación psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares: atención á discapacidade

- Mestrado en xestión do desenvolvemento sostible: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Mestrado en innovación industrial e optimización de procesos: responsabilidade social

- Mestrado en enxeñaría de minas: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Mestrado en contaminación industrial: avaliación, prevención e control: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Mestrado en enerxía e sostenibilidade: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Mestrado en prevención de riscos laborais: prevención de riscos laborais

- Mestrado en enxeñaría industrial: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente

- Mestrado en acuicultura: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Mestrado en bioloxía mariña: prevención do medio ambiente

- Mestrado en ciencias biolóxicas: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Mestrado en investigación química e química industrial: prevención do medio ambiente

- Mestrado en oceanografía: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Mestrado en investigación física, deporte e saúde: atención á discapacidade

- Mestrado en valoración, xestión e protección do patrimonio: prevención do medio ambiente

- Mestrado en creación, dirección e innovación na empresa: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente

- Mestrado en ciencia e tecnoloxía agroalimentaria e ambiental: prevención do medio ambiente

- Mestrado en dirección de PEMES: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente

- Mestrado en dirección integrada de proxectos: responsabilidade social / prevención de riscos laborais

- Mestrado en xestión e dirección laboral: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente

 

PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO

- Equidade e innovación en educación: atención á discapacidade

- Xeotecnoloxías aplicadas á construción, enerxía e industria: responsabilidade social

- Análise económico e estratexia empresarial: responsabilidade social

- Ciencia e tecnoloxía química: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Ecosistemas terrestres, uso sostible e implicacións ambientais: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Educación, deporte e saúde: atención á discapacidade

- Ciencias da educación e do comportamento: atención á discapacidade

- Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria: responsabilidade social / prevención do riscos laborais

- Metodoloxía e aplicacións en ciencias da vida: responsabilidade social

- Ordenación xurídica do mercado: responsabilidade social / prevención riscos laborais

- Eficiencia enerxética e sustentabilidade en enxeñaría e arquitectura: responsabilidade social / prevención do medio ambiente

- Deporte, educación física e actividade física saudable: atención á discapacidade

- Ciencias mariñas, tecnoloxía e xestión: prevención de riscos laborais 

 

Orientación aos estudantes

No que respecta á orientación aos/ás estudantes por parte dos centros nos que están matriculados, cada curso académico se recollen no Plan de acción titorial (PAT), as actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas. O PAT, co que contan todas as titulacións oficiais da universidade, transcende o modelo especificamente académico, preocupado pola transmisión de coñecementos e a adquisición de competencias polo alumnado, e aposta por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socioeducativas, como a atención á diversidade, a orientación á aprendizaxe ou a procura da igualdade de xénero. Contempla, en definitiva, o desenvolvemento persoal ademais do académico.

Por outra banda, por iniciativa dalgúns centros, a universidade conta cun programa de titorización de novo alumnado, no que estudantes veteranos con formación específica en técnicas de estudio, mentoring, liderado e intelixencia emocional axudan e asesoran ao estudantado que ingresa na titulación. Dado o éxito do programa cada curso académico esténdese a máis titulacións. Centros con programas de mentores implantados:

- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

- Facultade de Filoloxía e Tradución

- Facultade de Química

- Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

 

Grupos de innovación educativa