Secretaría Uvigo

.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.

Pacto Mundial das Nacións Unidas

Iniciativa da ONU pola que as empresas e organizacións que se unen á iniciativa comprométense a respectar os dereitos humanos e normas laborais, a preservar o medioambiente, e a actuar con transparencia nas súas actividades.

A Universidade de Vigo, adherida ao Pacto Mundial, comprométese cos 10 principios e os 17 obxectivos a través das súas políticas de Responsabilidade Social, e en concreto nas seguintes formas:

-          Implantar os Principios do pacto na súa propia estratexia e procedementos.

-          Difusión no DUVI das actividades de responsabilidade social realizadas pola comunidade universitaria.

-          Abrindo no Portal de transparencia un campo específico de primeiro nivel sobre a responsabilidade social.

-          Promocionar o pacto entre os colaboradores e fomentar a súa aplicación.

 

Principio 1: As empresas deben dar soporte e respectar a protección dos dereitos humanos fundamentais, recoñecidos internacionalmente, dentro do seu ámbito de influencia.

Principio 2: As empresas deben asegurarse que as súas empresas non son cómplices na vulneración de dereitos humanos.

Principio 3: As empresas deben dar soporte á liberdade de asociación e ao recoñecemento efectivo do dereito á negociación colectiva.

Principio 4: As empresas deben dar soporte á eliminación de toda forma de traballo forzoso, ou realizado baixo coacción.

Principio 5: As empresas deben dar soporte á erradicación do traballo infantil.

Principio 6: As empresas deben de dar soporte á abolición das prácticas de discriminación no traballo e a ocupación.

Principio 7: As empresas deben manter un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente.

Principio 8: As empresas deben fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental.

Principio 9: As empresas deben favorecer o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respectuosas co medio ambiente.

Principio 10: As empresas deben traballar contra a corrupción en todas as súas formas, incluídas a extorsión e o suborno. 

 

Desde o ano 2015 o Pacto Mundial alíase coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemente Sostible (ODS):

Obxectivo 1: Poñer fin á pobreza en todas as súas formas no mundo

Obxectivo 2: Poñer fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición, e promover a agricultura sostible

Obxectivo 3: Garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en todas as idades

Obxectivo 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidade de aprendizaxe durante toda a vida para todos.

Obxectivo 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e o empoderamento de todas as mulleres e nenas.

Obxectivo 6: Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa ordenación sostible e o saneamento para todos.

Obxectivo 7: Garantir o acceso a unha enerxía asumible, segura, sostible e moderna para todos.

Obxectivo 8: Promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sostible, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos.

Obxectivo 9: Construír infraestrutura resiliente, promover a industrialización inclusiva e sostible e fomentar a innovación.

Obxectivo 10: Reducir a desigualdade en e entre os países.

Obxectivo 11: Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sostibles.

Obxectivo 12: Garantir modalidades de consumo e produción sostibles.

Obxectivo 13: Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.

Obxectivo 14: Conservar e utilizar en forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible.

Obxectivo 15: Protexer, restablecer e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres, efectuar unha ordenación sostible dos bosques, loitar contra a desertificación, deter e reverter a degradación das terras e poñer freo á perda da diversidade biolóxica.

Obxectivo 16: promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis.

Obxectivo 17: Fortalecer os medios de execución e revitalizar a alianza mundial para o desenvolvemento sostible.