Secretaría Uvigo

.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.

No apartado novas RSU poden consultarse os Boletíns de RSU da Universidade de Vigo. Neles recóllense as novas do Diario da Universidade de Vigo (DUVI) que teñen relación coas accións de responsabilidade social desenvolvidas pola nosa institución.

Estas novas teñen relación con moi diversos ámbitos que reflicten o compromiso coa sociedade (transparencia, iniciativas sociais deportes...), o compromiso coas persoas directamente relacionadas coa UVigo (atención á discapacidade, conciliación, igualdade, beneficios sociais, mobilidade internacional...) ou o compromiso do desenvolvemento sostible (xestión do medio ambiente, eficiencia económica, residuos...).

Dende xaneiro do 2020 recóllense tamén, e relacionándoos cos anteriores todas as actividades que teñen relación cos 17 Obxectivos do desenvolvemento sostible, dentro da Axenda 2030.