RANKINGS, PREMIOS E DISTINCIÓNS.

A Universidade de Vigo, consciente da importancia do rendemento de contas, leva varios anos participando nos ránkings nacionais e internacionais de educación superior máis relevantes. A nosa Universidade está presente nalgúns dos máis importantes.

O esforzo de superación da nosa comunidade, o seu traballo e os seu intereses profesionais e académicos son recoñecidos por múltiples organismos e institucións, tanto en España como a nivel internacional.

A Universidade de Vigo quere, con este espazo, recuperar toda a información sobre os premios e distincións  acadados pola nosa comunidade universitaria ao longo do ano.

Para coñecer o histórico de rankings, premios e distincións dos anos anteriores pódense consultar nos arquivos correspondentes que se atopan na parte inferior desta páxina.

Os Premios Sofía Novoa distinguen tres traballos que abordan a igualdade na educación e a tradución

Na súa segunda edición, resultaron premiadas as egresadas Raquel Armán, Lucía Troncoso e Eva Fontáns +info.

A IV edición dos premios Egeria da Universidade de Vigo xa ten gañadoras.
Trátase de seis traballos sobre estereotipos de xénero, acoso sexual e feminismo +info.

A universidade de Vigo é a segunda Galega mellor clasificada no Green Metric, e a 118 do mundo. +info

O xeógrafo e profesor da Universidade de Vigo, Xosé Constela, gañou a décimo sétima edición do premio Ramón Piñeiro.

No seu ensaio “O colapso territorial de Galicia”, fai unha lectura dende o espazo da construción social +info.