Secretaría Uvigo

Libro-Obxecto e Xénero: Estudos ao redor do libro infantil como artefacto

portada
CategoríaFóra de colección
ISBN/ISSN978-84-8158-825-5
Número de serie
Formato17 x 24 cm
Ano de edición2019
Número páxinas243
Prezo10.00 €
Autores Isabel Mociño González
DescriciónReúnense neste volume catorce estudos que abordan diferentes modalidades do libro-obxecto, as súas características e potencialidades para a lectura, determinadas fundamentalmente pola materialidade. Neles préstase especial atención ao papel creativo das mulleres e á súa representación nestas obras, dado que o seu emprego temperán contribúe á construción de imaxinarios e á socialización dos máis novos, ao transmitir valores e usos da comunidade e favorecer a interiorización do coñecemento.

Nestes procesos é relevante atender ás perspectivas que sobre os roles de xénero e a identidade persoal e cultural transmiten os materiais literarios empregados, por tratarse de instrumentos fundamentais na creación de representacións simbólicas de subxectividade, entre elas a da identidade de mulleres e homes. É por iso que se concibe esta monografía como un espazo de reflexión, estudo e investigación sobre as potencialidades dunha produción, a dos libros-obxecto, que ten sido invisibilizada e colocada nunha posición de subalternidade, o que se pode equiparar, en boa medida, coa padecida durante moito tempo pola muller e a propia literatura infantil e xuvenil en xeral, situación que determinou perspectivas e enfoques aos que é preciso atender e analizar.
Documentos
Atrás