Secretaría Uvigo

Apoio nos departamentos de administración de sistemas e desenvolvemento de aplicacións para a gravación automatizada de clases e a xestión da formación a distancia a través de plataformas electrónicas

PE-305-19-0069

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes2
Data de comezo da publicación01/10/2019
Data de remate da publicación31/12/2019
EmpresaTELTEK VIDEO RESEARCH S.L.
Lugar de traballoVigo (Oficina no CUVI)
Duración6 meses
Remuneración460 €/mes
Xornada completaNon
Horario5 horas diarias de luns a venres. Posibilidade de realizar entre 4 ou 8 horas diarias (a elección do alumno)
FunciónsApoio nos departamentos de administración de sistemas e desenvolvemento de aplicación (a elección do alumno) para a gravación automatizada de clases e a xestión da formación a distancia a través de plataformas electrónicas, baixo metodoloxías Agile.
Coñecer de primeira man novas tecnoloxías enfocadas ao ámbito da gravación de clases e procesado de vídeo e os recursos de programación e administración de sistemas máis actuais (Dockers, Kubernetes, MongoDB, Nginx, Ansible, Integración continua, Django, Symfony, etc.) nun entorno de produción real con clientes nacionais e internacionais e participación en proxectos europeos H2020 de gran envergadura.

Remuneración de 460 € brutos/mes no caso de 5 horas diarias de luns a venres.
CoñecementosCoñecementos de programación ou administración de sistemas informáticos.
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Enxeñaría Informática | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online@fundacionuvigo.es

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás