Secretaría Uvigo

Apoio ás tarefas e actividades da Agrupación de Amigos do MARCO

PE-204-19-0011

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes1
Data de comezo da publicación16/04/2019
Data de remate da publicación30/04/2019
EmpresaFUNDACION MARCO
Lugar de traballoVIGO
Duración4 meses
Remuneración128 €/mes
Número de horas semanais15
Xornada completaNon
HorarioMartes de 16:30 a 19:30 e mércores, xoves e venres de 10:00 a 14:00. Posibilidade de modificar o horario
FunciónsApoio á oficina da Agrupación de Amigos do MARCO, Museo de Arte Comtemporánea de Vigo, levando a cabo funcións de apoio ás tarefas e actividades da Agrupación e á comunicación cos seus socios, tales como:

- Preparación e envío de documentación sobre programas e actividades da Agrupación.
- Preparación e envío de catálogos e outras publicacións e materiais de difusión
- Elaboración de informes de eventos e memorias de actividade
- Partes de alta e baixa e control de cotas
- Participación na elaboración da auditoría de contas e peche exercicio
- Actualización de bases de datos
- Arquivo de documentación
- Atención telefónica e revisión e envío correspondencia

Posibilidade de prórrogar a práctica por 2 meses máis
Coñecementos-Nivel medio-alto de galego
-Familiaridade na utilización de programas informáticos (nivel usuario)
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Publicidade e Relacións Públicas | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Comunicación Audiovisual | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online@fundacionuvigo.es

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás