Secretaría Uvigo

Participación nos procesos de construción de activos de relevancia, controles de calidade dos mesmos, seguimento de plans e dos taballos no territorio...

PE-312-18-0210

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes2
Data de comezo da publicación24/10/2018
Data de remate da publicación07/11/2018
EmpresaBARRAS ELÉCTRICAS GALAICO-ASTURIANAS
Lugar de traballoFoz (Lugo)
Duración6 meses
Remuneración800 €/mes
Número de horas semanais35
Xornada completaSi
HorarioDe luns a venres de 8:00 a 15:00
Funcións-Adquirir coñecementos para implantación de cultura preventiva e de seguridade nos traballos que se desenvolven.
-Participación nos procesos de construción de activos de relevancia, controles de calidade dos mesmos, seguimento de plans e dos traballos no territorio.
-Participación activa nos procesos de mantemento programado e preventivo da organización, xestionando os medios de forma adecuada para alcanzar os obxectivos da organización.
-Control e xestión das diversas actividades na operación e mantemento das instalacións, así como o control dos seus procesos.
-Desenvolvemento de instalacións de acordo a estándares normalizados e custos unitarios limitados.
CoñecementosExcel, Autocad.
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Enxeñaría Eléctrica | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Enxeñaría da Enerxía | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online@fundacionuvigo.es

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás