Secretaría Uvigo

Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado

EstadoValidada
TipoRegulamento
RangoUniversidade de Vigo
ServizoVicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Categorias Docencia
Ordenación académica
Estudantes
DescriciónEste regulamento ten por obxecto o ordenamento do proceso de ensino-aprendizaxe na Universidade de Vigo, prestando especial atención a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia.
Regula:
a. Os sistemas de avaliación e análise dos resultados da aprendizaxe adquiridos polo estudantado nas titulacións oficiais de grao e de mestrado que se oferten na Universidade de Vigo.
b. A convocatoria e o desenvolvemento das probas de avaliación, así como as incidencias que poidan presentarse durante estas.
c. A cualificación, así como os procedementos de comunicación de resultados e a publicación de actas.
d. O procedemento de revisión das cualificacións con plena garantía dos dereitos do estudantado.
e. Os mecanismos que garantan a mellora da calidade académica da aprendizaxe.
ObservaciónsVersión consolidada
Destinatarios Persoal Docente e Investigador
Estudantes
Documentos
Atrás