Secretaría Uvigo

DECRETO 172/2022, do 6 de outubro, polo que se aproba o Catálogo de actividades que deben adoptar medidas de autoprotección e polo que se fixa o contido desas medidas.

EstadoValidada
TipoDecreto
RangoAutonómico
ServizoServizo de Prevención de Riscos Laborais
Categorias Outras normas
DescriciónEstablece o Catálogo de actividades, centros, establecementos, espazos, instalacións ou dependencias dos cales as persoas titulares teñen a obriga de elaborar e rexistrar un plan de autoprotección; determina o contido mínimo dos plans de autoprotección; establece os sistemas de coordinación entre as actividades, centros, establecementos, espazos, instalacións ou dependencias obxecto deste decreto e os servizos públicos que forman o Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia; regula a elaboración e a implantación material efectiva dos plans de autoprotección e o mantemento da súa eficacia, para o que as persoas titulares da actividade deben emitir unha declaración responsable da implantación, que mantén a denominación de certificado da implantación, coa finalidade de axustarse á empregada na Norma básica de autoprotección; asegura a existencia e o mantemento dos medios mínimos de autoprotección por parte das persoas titulares das actividades, centros, establecementos, espazos, instalacións ou dependencias a que é de aplicación; regula os mecanismos organizativos e a provisión dos medios necesarios para asegurar a detección e pronta resposta ante unha situación de emerxencia, e establece os casos en que é obrigatorio o rexistro dos plans de autoprotección na plataforma do Rexistro Electrónico de Plans de Autoprotección de Galicia.
Destinatarios Toda a comunidade universitaria
Publicacións en diarios
Diario Oficial de Galicia DOG - 20/10/2022
Número 200
Páxina 55691
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221020/AnuncioV0654-111022-0001_gl.html
Normativas relacionadas
Anula a: DECRETO 171/2010, do 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia.
Modifica a: ORDE do 8 de xuño de 2021 pola que se modifica a Orde do 27 de febreiro de 2012 pola que se crea o Rexistro electrónico de plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o seu procedemento (código de procedemento PR485A).
Atrás