Ciclo Integrado: A quen vai dirixido?

Poderán solicitar o acceso aos estudos que configuran o ciclo integrado:

a)    O alumnado que superase os estudos correspondentes ao ciclo intensivo ou programas universitarios equivalentes.

b)   As persoas maiores de 50 anos que, sen ter cursado ou superado os estudos sinalados no punto a), acrediten estar en posesión dun título oficial universitario ou legalmente equivalente.