Ciclo Integrado: Como é ?

A oferta de materias no ciclo integrado realizarase cada curso académico con materias que sexan impartidas nese momento nalgunha das titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo, e que cada centro oferte para o Programa para maiores.

As materias ofertadas clasificaranse en catro ámbitos de coñecemento en función da titulación de orixe: humanidades, ciencias, enxeñaría ou ciencias sociais e xurídicas . Para a matrícula, o alumnado do ciclo integrado deberá elixir entre todas as materias de grao que se lle oferten no campus elixido, e que se desenvolverán ao longo dos dous cuadrimestres en cada un dos campus.

O ciclo consta de 36 créditos. O alumnado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico. 

En ningún caso os créditos cursados no ciclo intensivo do Programa para maiores poderán computarse ou validarse como créditos do ciclo integrado.