Como?

O Programa para maiores deséñase de acordo cos principios seguintes:

  • Principio de adecuación dos contidos: os contidos das diferentes materias ou disciplinas deben adaptarse ao nivel de formación do alumnado, tratando de axustar o rigor e o valor científico dos contidos á súa capacidade de comprensión.
  • Principio de personalización da aprendizaxe: os programas das materias deberán ter en conta as situacións específicas de aprendizaxe das persoas ás que van dirixidos (tempos, ritmos, intereses, motivación etc.).
  • Principio de integración académica e sociocultural: a formación académica debe completarse con actividades de carácter sociocultural, integrando ambos os aspectos.