Ciclo Intensivo: A quen vai dirixido?

O ciclo intensivo está dirixido a todas as persoas maiores de 55 anos que teñan o tempo suficiente para o estudo e a integración nas diversas actividades con desexos de achegar a súa experiencia, así como de participar na vida académica, sen necesidade de titulación previa.

A matrícula desenvolverase en tres quendas.

A primeira estará dirixida aos e ás estudantes do programa que continúen estudos.

A segunda ao estudantado de novo ingreso.

A terceira ao estudantado que rematando o ciclo pretenda seguir matriculándose de materias soltas.

As convocatorias anuais de matrícula establecerán o número máximo e mínimo de novos e novas estudantes que poderán ser admitidos no programa en cada un dos campus.

Se a demanda superase a oferta de prazas, o sistema de selección para o alumnado de nova matrícula será por orde de presentación da solicitude. No caso de que as prazas ofrecidas non quedasen cubertas, poderanse admitir estudantes con idades inferiores aos 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos.